Todo comezou cara o ano 1966, en Cospeito, un pequeno pobo da provincia de Lugo, cando Celso pena (o meu pai) canda o seu irmán Xesús decidiron crear unha carpintería de madeira.
Dende ese momento sentaron as bases da cultura da madeira na nosa familia.
Anos despois decidín seguir coa tradición, modernizar as instalacións e a maquinaria para poder encarar os novos retos que viñan empurrando. Nacía así unha nova empresa sobre os pilares da anterior, tarefa en absoluto sinxela dadas as circunstancias dos nosos tempos, pero sempre procurando saír adiante e mantendo a esperanza a pesar das adversidades.
A nosa empresa, empresa pequena e familiar, conta coa vantaxe de ofrecer aos noso clientes unha atención totalmente personalizada, o que queda reflectido na calidade dos nosos traballos.
Carpintería José Luis Pena, nunha fase de creación de novas solucións en carpintería, decidiu embarcarse no mercado das fiestras e cerramentos exteriores en madeira de fabricación propia.
Coas nosas novas xanelas de 68 mm., fabricadas en madeira de eucalipto globulus laminado, buscamos unha solución ao illamento dos fogares e, a un tempo, o aforro de enerxía.
Ventanas con un sistema de apertura batiente, oscilo-batiente o basculante, se adaptan a cualquier tipo de arquitectura, tanto moderna como clásica e incluso en edificios históricos.”
Nos desprazamentos, para evitar molestias aos nosos clientes, usamos Aspiradores da marca FESTOOL.
Empregamos unha ampla gama dos vernices IRURENA, os mellores en calidade e variedade de produto.
Pinturas como materias primas naturais LIVOS.
Vernices e pigmentados RENER.
Portas e armarios da marca PROMA.